viernes, 6 de mayo de 2011

Sub-18.


E o elefante xiraba sobre a pelota. Voltas e voltas. Un ollo de cor verde, e o ollo de sempre. Palabras perigosas, como o exceso. E a mesma rosa sen cor suxeitando ese cravo que sostén dañando ese vapor tan frío, ue antes era xeo. Malas ideas, raios de loucura persigue o que queda de autocontrol polo laberinto. É vítima. Dous corpos enfrentados por unha barreira sen sentido. Néboa. E sentimentos mortos que se aferran como pantasmas que regalan o pasado. Mentres ela, sen causa, levanta a man para enrroscarse o pé que pisa a area, preto das rochas desa praia, Cordóns de coiro. E eu sigo aquí baixo a lámpada vermella.

sábado, 2 de abril de 2011

CAOS.



Raíces con espiñas, saen to meu corazón ata clavarse neste cesped tan verde e quente, por culpa do rei do ceo. Aínda así o xeo segue tan duro, como se nunca puidese volverse líquido. A luz da farola tintineante, ollos escondidos entre as árbores, e barro na alameda. Terrazas de madeira sobre pedra e a noite cada vez máis curta. Escasea o tempo. Pronto haberá que volver a casa. A casa? Xa estou en casa. Paxaros atrapados en gaiolas. Un pouco de música. A música dame medo. Confusión entre pasos de baile perdidos entre verbas. Verde, todo aínda esta verde. Como me doe a cabeza. Cada vez caen máis. Buracos negros.


lunes, 28 de febrero de 2011



Os pes ben fríos pola mañá e o ceño fruncido a causa de un sono e unha resaca, que se deixa ver grazas a unha cor tirando a púrpura baixo os ollos cansados e algo vermellos. O fume do primeiro cigarrillo da mañá debuxa formas casi impredecibles a causa da ventisca que os fai desaparecer en cuestión de segundos. O ceo aínda está dominado polos tonos oscuros da noite de inverno, pero xa se poden ver tonos azules atrevidos, entre as nubes. Tan débiles, tan silenciosos, case como o ruído que fai o meu cigarrillo o apagarse contra o chan na porta da facultade. Caras coñecidas e caras por coñecer, algunhas son coñecidas de tantas noites con néboa... As primeiras horas son insufribles pero todo ten remedio con ilusión. É tan duro o inverno. A pedra da cidade onde non medraches parece máis fría, máis baleira. Un descansiño. Que gusto da un café ben quentiño para espertar un pouco, que recorda case sen querer o licor café do día anterior. Outro cigarrillo e volta a clase. Todo resulta moi surrealista pensando que agora xa ninguén te coida, nin te vixía. A cafetería empeza a ferver. Intercambios de ideas, de opinións, cariños e discordias. Amizade e compañerismo o fin e o cabo. Unha riqueza enorme.

Destinos cruzados, sentimentos fiables e as veces incluso amor,pero so as veces. Conversas lembrando as noites anteriores ou momentos vividos xuntos. Parece que a pedra da zona vella da cidade xa é un pouco máis quente e parece que está menos baleira, menos gris.

Remata a clase, quedando ata o final os cinco ou seis de sempre. Son pequenos detalles, pequenos feitos que curan toda a nosa morriña a piques de remata-lo inverno. Vaia, estamos na porta en manga corta, e por fin o azul venceu ese gris que loitou tanto tempo, paxaros e flores rosas. Non lle dou importancia, aínda que todo seguira gris, nesta cidade e dentro de esas portas todo está cheo de cores, de sentimentos.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Gústame que me desperten os raios de sol na cara. Gústame chegar a casa escoitando os paxaros e sentindo o vento pola mañá. Gústame o Jaggermeister e a birra. Gústame estar soa o carón da ribeira e sentada nas rochas. Gústame debuxar con eses bolis enormes de dez cores. Gústame abrazar os meus amigos. Gústame decir que amo, aínda que o diga poucas veces. Gústame cambiar o pelo. Gústame ser quen son e sentirme soa. Gústame escoitar Janis Joplin. Gústanme Dalí e Magritte. Gústame pintar os teus ollos. Non me gustan os regalos, a non ser que sexan cousas vellas, sucias ou rotas. Non me gustan as peleas, nin a xente agresiva. Gústame bailar no Super 8, no Fifty Fifty e no Cabaret. Gústame a poesía, as palabras con sentimento. Gústame estar espida, abrazada a alguén que amo baixo un montón de mantas en inverno, mentras a auga tintinea contra o cristal. Gústame encerrarme en min. Gústame mirar pola fiestra da miña habitación toda a zona vella de pontevedra. E pasear por Ferrol de noite cando chove. Gústame o Druhanam. Gústame falar con descoñecidos. Gústame a lana e a roupa dos 80. Gustame o falso pelo de leopardo e a falsa pel de serpe. Non me gustan os ordenadores nin a infórmatica. Gústame face-lo amor. Gústanme poucas mulleres e poucos homes. Gústame o meu piercing da cella co que levo moitisimos anos. Gústanme os dentes separados. Gústame qe me miren pola rúa. Gústame que confien en min e axudar os demais. Gústame Pantera. Gústame viaxar en tren escoitando música e perdendome no meu mundo de soños. Gústame sentir, soñar, vivir, amar, respirar, perderme, andar, correr, crear. Gústame saír da casa as 8 da mañá escoitando Gallows. Gústame a liberdade, ser libre. Gústame non poder cambiar o pasado e ser cada día máis forte. Gústame.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Luces e sombras, bicos escuros.

Unha pequena detención no tempo xa nun mundo sumiso como pode ser o das sombras. Distancias claras con resultados confusos, tal vez por un exceso de luz.






A imaxinación actúa contemplando o momento proxectado, a mente anhela o intre da unión.



Conxeado o tempo, un bico castigado pola distancia, que nunca chegará a darse.
Ambigüedade e varias horas de conversas e bicos na barra de ese bar, con Le
d Zeppelin de por medio, as cousas saen soas. Bueno, un pedaciño de ti tamén levan, tan nece
sario, tan máxico.

lunes, 11 de octubre de 2010

PONTEVEDRIÑA LINDA.

Estos últimos días síntome como se unhas raíces cunha forza superior me prenderan ao chan tan húmido desta cidade. Supoño que en Ferrol cada día me queda menos, e aquí aparece un mar de oportunidades para alguén sen rumbo coma min.

Tardes de tormenta e sol cheas de cores, que curan a pouca morriña que me queda.

domingo, 3 de octubre de 2010

Varios meses de emoción antes do gran momento. Unha data repetindose na cabeza sen parar.
2 de outubro, 2 de outubro, 2 outubro. Ska-P. Aquí en Galicia.








O momento máis esperado do ano. Todo perfecto e aínda por riba, Rubén tiña piso o lado do Coliseum! Unha sesión duradeira xogando O'Calimotxo e todos listos.
Increíble, Increíble.
O repertorio moi ben escollido. Pero o momento máis máxico foi cando Rubén e David, me ergueron nos seus hombros e vin o Coliseum os meus pes. Tanta emoción. "Mis colegas" Foi nese tema. Querovos tanto.





































A la intifada, e un video dunha nena palestina, que deixo aquí pegado, porque, e falar sobre el, e aínda se me nubla a vista.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=8jKTw3guhdA
Aquí queda esta lembranza,
INSISTIMOOOOOOOOS!