viernes, 6 de mayo de 2011

Sub-18.


E o elefante xiraba sobre a pelota. Voltas e voltas. Un ollo de cor verde, e o ollo de sempre. Palabras perigosas, como o exceso. E a mesma rosa sen cor suxeitando ese cravo que sostén dañando ese vapor tan frío, ue antes era xeo. Malas ideas, raios de loucura persigue o que queda de autocontrol polo laberinto. É vítima. Dous corpos enfrentados por unha barreira sen sentido. Néboa. E sentimentos mortos que se aferran como pantasmas que regalan o pasado. Mentres ela, sen causa, levanta a man para enrroscarse o pé que pisa a area, preto das rochas desa praia, Cordóns de coiro. E eu sigo aquí baixo a lámpada vermella.

sábado, 2 de abril de 2011

CAOS.



Raíces con espiñas, saen to meu corazón ata clavarse neste cesped tan verde e quente, por culpa do rei do ceo. Aínda así o xeo segue tan duro, como se nunca puidese volverse líquido. A luz da farola tintineante, ollos escondidos entre as árbores, e barro na alameda. Terrazas de madeira sobre pedra e a noite cada vez máis curta. Escasea o tempo. Pronto haberá que volver a casa. A casa? Xa estou en casa. Paxaros atrapados en gaiolas. Un pouco de música. A música dame medo. Confusión entre pasos de baile perdidos entre verbas. Verde, todo aínda esta verde. Como me doe a cabeza. Cada vez caen máis. Buracos negros.


lunes, 28 de febrero de 2011



Os pes ben fríos pola mañá e o ceño fruncido a causa de un sono e unha resaca, que se deixa ver grazas a unha cor tirando a púrpura baixo os ollos cansados e algo vermellos. O fume do primeiro cigarrillo da mañá debuxa formas casi impredecibles a causa da ventisca que os fai desaparecer en cuestión de segundos. O ceo aínda está dominado polos tonos oscuros da noite de inverno, pero xa se poden ver tonos azules atrevidos, entre as nubes. Tan débiles, tan silenciosos, case como o ruído que fai o meu cigarrillo o apagarse contra o chan na porta da facultade. Caras coñecidas e caras por coñecer, algunhas son coñecidas de tantas noites con néboa... As primeiras horas son insufribles pero todo ten remedio con ilusión. É tan duro o inverno. A pedra da cidade onde non medraches parece máis fría, máis baleira. Un descansiño. Que gusto da un café ben quentiño para espertar un pouco, que recorda case sen querer o licor café do día anterior. Outro cigarrillo e volta a clase. Todo resulta moi surrealista pensando que agora xa ninguén te coida, nin te vixía. A cafetería empeza a ferver. Intercambios de ideas, de opinións, cariños e discordias. Amizade e compañerismo o fin e o cabo. Unha riqueza enorme.

Destinos cruzados, sentimentos fiables e as veces incluso amor,pero so as veces. Conversas lembrando as noites anteriores ou momentos vividos xuntos. Parece que a pedra da zona vella da cidade xa é un pouco máis quente e parece que está menos baleira, menos gris.

Remata a clase, quedando ata o final os cinco ou seis de sempre. Son pequenos detalles, pequenos feitos que curan toda a nosa morriña a piques de remata-lo inverno. Vaia, estamos na porta en manga corta, e por fin o azul venceu ese gris que loitou tanto tempo, paxaros e flores rosas. Non lle dou importancia, aínda que todo seguira gris, nesta cidade e dentro de esas portas todo está cheo de cores, de sentimentos.