sábado, 12 de junio de 2010



Estamos todos reunidos baixo unha mesma esfera e non é doado estimar porqué semellando estar tan pretiño, estamos tan lonxe. É difícil entender a incomunicación que existe dende fai siglos, dende que existimos, soamente por ter unha cor de pel un pouco máis escura, un gusto sexual oposto ou un Deus diferente. Ese afán tan raro por centrarse nas diferenzas entre nós en vez de decatarnos das semellanzas. Que cada vez son menos.
Fai un tempo coñecín a un home que marcaría a miña existencia. Chamábase Tierno. O nome xa o di todo. Non intercambiamos moito mais que o que se podería falar en dez minutos de conversa. Pero foi máis que suficiente. Emigrara de Senegal e tiña 5 irmáns pequenos e unha familia pola que loitar. Ninguén o comprendía. Supoño que para os "españolitos" era un delincuente cunha cultura diferente que vira a robarnos o traballo. ¿Que "españolito" quere vender CD's pola rúa? Ninguén. Un inadaptado. Un inadaptado sincero, con morriña da súa terra que me fixo imaxinar como un paraíso soñado a pesar da pobreza. Alí todo o mundo respetaba e sentía esa unidade. Aquí, todo é indiferencia. Unha mágoa. Esperemos que pronto, todos esos ollos que están tan pechadiños reaccionen. E que se decaten dunha vez, que o maior regalo que podemos ter é a mestizaxe, unha mestizaxe de culturas que nos faría ricos, moi ricos na nosa pobreza.