lunes, 28 de febrero de 2011



Os pes ben fríos pola mañá e o ceño fruncido a causa de un sono e unha resaca, que se deixa ver grazas a unha cor tirando a púrpura baixo os ollos cansados e algo vermellos. O fume do primeiro cigarrillo da mañá debuxa formas casi impredecibles a causa da ventisca que os fai desaparecer en cuestión de segundos. O ceo aínda está dominado polos tonos oscuros da noite de inverno, pero xa se poden ver tonos azules atrevidos, entre as nubes. Tan débiles, tan silenciosos, case como o ruído que fai o meu cigarrillo o apagarse contra o chan na porta da facultade. Caras coñecidas e caras por coñecer, algunhas son coñecidas de tantas noites con néboa... As primeiras horas son insufribles pero todo ten remedio con ilusión. É tan duro o inverno. A pedra da cidade onde non medraches parece máis fría, máis baleira. Un descansiño. Que gusto da un café ben quentiño para espertar un pouco, que recorda case sen querer o licor café do día anterior. Outro cigarrillo e volta a clase. Todo resulta moi surrealista pensando que agora xa ninguén te coida, nin te vixía. A cafetería empeza a ferver. Intercambios de ideas, de opinións, cariños e discordias. Amizade e compañerismo o fin e o cabo. Unha riqueza enorme.

Destinos cruzados, sentimentos fiables e as veces incluso amor,pero so as veces. Conversas lembrando as noites anteriores ou momentos vividos xuntos. Parece que a pedra da zona vella da cidade xa é un pouco máis quente e parece que está menos baleira, menos gris.

Remata a clase, quedando ata o final os cinco ou seis de sempre. Son pequenos detalles, pequenos feitos que curan toda a nosa morriña a piques de remata-lo inverno. Vaia, estamos na porta en manga corta, e por fin o azul venceu ese gris que loitou tanto tempo, paxaros e flores rosas. Non lle dou importancia, aínda que todo seguira gris, nesta cidade e dentro de esas portas todo está cheo de cores, de sentimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario