viernes, 19 de noviembre de 2010

Gústame que me desperten os raios de sol na cara. Gústame chegar a casa escoitando os paxaros e sentindo o vento pola mañá. Gústame o Jaggermeister e a birra. Gústame estar soa o carón da ribeira e sentada nas rochas. Gústame debuxar con eses bolis enormes de dez cores. Gústame abrazar os meus amigos. Gústame decir que amo, aínda que o diga poucas veces. Gústame cambiar o pelo. Gústame ser quen son e sentirme soa. Gústame escoitar Janis Joplin. Gústanme Dalí e Magritte. Gústame pintar os teus ollos. Non me gustan os regalos, a non ser que sexan cousas vellas, sucias ou rotas. Non me gustan as peleas, nin a xente agresiva. Gústame bailar no Super 8, no Fifty Fifty e no Cabaret. Gústame a poesía, as palabras con sentimento. Gústame estar espida, abrazada a alguén que amo baixo un montón de mantas en inverno, mentras a auga tintinea contra o cristal. Gústame encerrarme en min. Gústame mirar pola fiestra da miña habitación toda a zona vella de pontevedra. E pasear por Ferrol de noite cando chove. Gústame o Druhanam. Gústame falar con descoñecidos. Gústame a lana e a roupa dos 80. Gustame o falso pelo de leopardo e a falsa pel de serpe. Non me gustan os ordenadores nin a infórmatica. Gústame face-lo amor. Gústanme poucas mulleres e poucos homes. Gústame o meu piercing da cella co que levo moitisimos anos. Gústanme os dentes separados. Gústame qe me miren pola rúa. Gústame que confien en min e axudar os demais. Gústame Pantera. Gústame viaxar en tren escoitando música e perdendome no meu mundo de soños. Gústame sentir, soñar, vivir, amar, respirar, perderme, andar, correr, crear. Gústame saír da casa as 8 da mañá escoitando Gallows. Gústame a liberdade, ser libre. Gústame non poder cambiar o pasado e ser cada día máis forte. Gústame.

2 comentarios:

  1. LOVE UR BLOG, BB!
    its cool :D

    pasate:
    http://silvialicious.blogspot.com/

    te sigo :) hazlo tu también si quieres!

    Kisses
    xoxxox

    ResponderEliminar
  2. pero como me puede gustar tanto esta fotooooooo!!!!

    ResponderEliminar