jueves, 30 de septiembre de 2010

O teu vento mañaneiro, os teus pasos de pedra, gaivotas berrando o mencer. Boto de menos o teu olor e teu son, toda esa xente. Os bares, os brindis, as praias. A xente coñecida e a xente por coñecer. O rock. O meu sitio secreto donde compartin un anaquiño da miña vida e se perderon tantas conversas. Boto de menos escoita-las risas antes de cear no bar. A cervexa e o whisky, o viño barato. Os paseos en coche sen rumbo. Ver como amanece, cando xa non vexo nada. Os meus nenos. Extraño as boas conversas sentada na barra, os concertos. As discusións familiares. Chegar tarde e durmir no campo.
Pinta-lo mar.
Saír soa cando xa pasan das 12 sen quedar con ninguén e atopar mil sonrisos coñecidos. Os bicos mezclados de alcohol e tabaco.
As conversas filosóficas. Puto Ferroliño, a tantos quilometros e eu aquí, nunha cidade fermosa donde nada e tan surrealista, nin a pedra da rúa tan quente, baleira de lembranzas..
E tan duro o último minuto na estación, cando todo sabe a salado, sabendo que cada minuto que paso lonxe, crece ese cristaíño que me separa cada vez máis e coloca a carón do olvido, do teu olvido..

1 comentario:

  1. Nunca me han parecido tan preciosas las palabras desde que he visto esta entrada, además me identifico con ella porque también echo de menos ferrol y muchas de las cosas que has mencionado que me han pasado a mí también. Me han dicho que el finde que viene vas a estar por aquí. Bueno, cuidate mucho, un besito, guapa.

    ResponderEliminar