viernes, 3 de septiembre de 2010

Ir a Xubia de cando en vez non está tan mal tampouco. Moitas caras coñecidas e por coñecer, moitos reecontros, moitos bicos. Despois de unha boa tarde de praia, non se pode pedir moito máis a un día como ese. Mar tranquiliño e un bonito sol.

Sempre presente, a alma da festa, Lome, non me fallou esa noite. Estabamos animadísimas e máis de un quedaba flipando cos nosos bicos. Houbo aplausos de por medio e todo, jaja. É a máis guapa.

Brunito tampouco podía faltar esa noite. Moitísimas risas como sempre que nos vemos, aínda que son pouquiñas veces..

E por ultimo, o meu Rafa. Vaia maniotas o erguerme unhas horas máis tarde de estar bailando no centro da pista toda a noite. Teño ganas xa de volver a ataca-la pista contigo meu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario