lunes, 6 de septiembre de 2010

O chega-la choiva de novo, non puiden evitar lembrar tódalas noites pasadas nestas últimas semanas. Todas elas tan especiais. Pero sen dúbida algunha, a raíña na miña memoria, é a lembranza dunha no comezo do verán. A noite de San Xoan. Debe ser certo o que din, que é unha noite máxica, diferente. Pecho os ollos e a escuridade convertese nas cores do ceo daquela praia, sobre a que reinaba un sol, agonizante. Unhas gaivotas espectantes. E dúas figuriñas bebendo birra e falando melancólicamente. Dous amigos, dous irmáns
Graciñas meu, nunca esquecerei isto, querote moito Rubén, moitísimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario